Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabal de Santiago de Compostela, sendo bautizada o mesmo día cos nomes de María Rosalía Rita.
Despois do seu nacemento, foron as súas tías paternas Teresa e máis María Josefa, e non a súa nai, quen se fixeron cargo dela na súa casa (chamada a dos Castro) na parroquia de San Xoán de Ortoño, Ames. O máis probable é que a nai non se fixera cargo de Rosalía debido á súa condición de solteira, e, máis aínda, polo feito de ser crego o pai de Rosalía.
Obras:
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde.
En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, "Cantares Gallegos", publicado polo seu marido, Manuel Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o rexurdimento literario e non literario da literatura galega. Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais.
O 17 de maio daquel mesmo ano, de Castro asina a dedicatoria da obra pra Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber y Larrea), sendo adoptada esa data co gallo do seu centenario, como Día das Letras Galegas (1963). En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas
Aquí tenemos un poema de Rosalía cantado por Luz Casal:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario